Festival de Música GalleRock

Ribeira, A Coruña

RSS Feed

CHARLA DEL ATENEO

Historia de Carreira.

Autor: Javier Crugeiras.

Historia de Carreira preséntase como una compilación de feitos e documentos históricos relacionados con esta parroquia pertencente ó Concello de Ribeira, para dalos a coñecer publicamente. O libro foi escrito por Javier Crugeiras, logo de catro anos de investigacións nos máis variados arquivos do país, dende o Arquivo Municipal de Ribeira, ó Arquivo do Reino de Galicia, Histórico Diocesano, ou de Simancas entre outros. Asemade, tamén contou ca colaboración de varios veciños para poder documentarse de material gráfico e datos variados. Todo elo quitándolle moitas horas ó sono e ó pouco tempo libre fora de horas de traballo.

A súa grande afección pola Historia, e a total ausencia de traballos editados polos organismos locais onde dar a coñecer o pasado da nosa terra, fai que este autor se adique a facer esta obra, tendo para elo que ademais de compilar os datos, e na maior parte dos casos de transcribilos, tamén sexa quen de facer o deseño, a maquetación, e a edición da mesma sen axuda algunha, agás unha pequena aportación económica feita pola Comunidade de Montes de Carreira.

Dúas pequenas tiradas de 150 exemplares cada unha véndense en tempo récord, coincidindo cas datas de Nadal e cas vacacións do verán, e tendo na maior parte dos casos unha moi boa crítica. Certo é que a obra quédase curta, pero o autor segue animado a procurar información ca que poder ampliala, agardemos que para dentro de pouco tempo.

Leave a Reply